jueves, 9 de abril de 2009

Fin do Combate. Segundo asalto...

6P.M+NiñoPistola





Velaí quedou o combate.


A seguinte cita transládanos o día 10 de abril até Cambados. A primeira edición (de, agardamos, moitas máis) do festival Flu-Pop que contará coa actuación de The Henry Warnimont (Cambados) abrindo, seguíndolle Arias (Cambados), Los Hijos Bastardos De Peter Lorre, Niño y Pistola, Holywater, Lori Meyers e pechando Ivan Dj (Sala Karma) e Dj Bedriv (Cambados), inque tamén coméntase que podería haber unha sorpresa traducida no nome de Paco Lino pechando... (rumores que son rumores rumores son).

A entrada son 6€ e a apertura de portas do pabellón de Santomé ás 19:30.


E eu síntoo de verdade, pero é que non podo dicir moito máis... cousas así véndense soliñas...!!



Vémonos en Cambados!!

jueves, 26 de marzo de 2009

Arrincando motores

E velaquí arrincamos. Xa algo máis tarde do que pensabamos, pro como xa di o dito, máis vale tarde ca nunca.

Indienagaliza nace coa intención de comentar e, sobre todo, informar, dos concertos que, polas nosas terras, deixan soar todas estas bandas que apreciamos realmente.

E moi probable que todo esto quede nunha intentona barata de pasa-lo tempo, pro inque non consigamos o noso obxectivo final (ser unha páxina "medio-referente"), alomenos un obxetivo xa o teremos cumprido.

Día a día e semana a semana, iremos agregando concertos (en ppo.) e outras curiosidades por eiquí e... tal, paseniño si, pro firme tamén!

Benvid@ e agardamos que nos vexas crecer aos poucos pro seguros, xusto e tal como temos pensado crecer.